NOIA> Xa é oficial. A concellería de Cultura de Noia deu a coñecer hoxe os días de celebración da vixésimo segunda edición da Mostra de Curtas. Finalmente será do 7 ó 17 de outubro.
A XXII edición da Mostra de Curtas Vila de Noia adiantará este ano a súa celebración. Así o anunciaron dende a concellería de Cultura. Finalmente transcorrerá do 7 ó 17 de outubro.
Dende a organización da Mostra anunciaron tamén a celebración de novo do concurso para elixir a imaxe do cartel do festival. O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o próximo 28 de xuño.
Nestes momentos a organización do certame traballa na preselección das curtas que serán seleccionadas para a súa proxección na Mostra. Á falta aínda de varios meses para o peche do prazo, xa hai presentadas preto das catrocentas curtas. O pasado ano recibíronse 1.300.