Alentador descenso do paro nos concellos do Barbanza

    reportaxedatosparo.jpgBARBANZA> Mentres o paro continúa a medrar en Galicia, a comarca rexistrou un descenso do número de desempregados ó longo de xaneiro.

    {flowplayer}barbanza/reportaxedatosparo.flv{/flowplayer}

    Os primeiros datos do paro neste 2011, correspondentes ó mes de xaneiro, non son alentadores para a comunidade galega que incrementa en máis de oito mil o número de desempregados. Sen embargo, o panorama cambia analizando os datos por concellos.

    Nos catro municipios que conforman o Barbanza, Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo hai 183 desempregados menos. Un dato que os máis optimistas acolleron con satisfacción.

    Preocupación

    Sen embargo, a tónica xeral na rúa segue a ser de preocupación ante un panorama que, din, se presenta cada vez máis negro para os demandantes de emprego.

    Os resultados negativos atopámolos nos concellos da ría de Muros Noia onde si medra o número de desempregados, aínda que se trata dun incremento moderado con trinta e nove postos de traballo menos que en decembro.

    A flutuación dos datos ten a súa consecuencia visible no volume de actividade que rexistran as oficinas do INEM.

    Redacción Barbanza