Díaz: ‘Queremos recuperar as nosas señas de identidade’

SALNÉS> O Xuven de Cambados recibe na casa ó Chantada coa necesidade de vencer para seguir con opcións de meterse na fase de ascenso. Na Liga Femenina o Extrugasa xogará o domingo nunha das canchas máis complicadas da competición, a do campión de Copa, o Rivas Ecópolis.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_040211.flv{/flowplayer} 

Nova saída complicada para o Extrugasa. As vilagarciáns visitan este domingo ó Rivas Ecópolis, actual campión de Copa. Sabedoras da dificultade que ten traerse un triunfo de Madrid, as de Tito Díaz o que buscan é recuperar as boas sensación que tiñan ata o de agora e que perderon nos últimos dous partidos.

Por iso o obxectivo do Extrugasa para este partido é recuperar o seu baloncesto, o do esforzo colectivo, o da intensidade defensiva e o do contraataque. 

Dewanna Bonner, Elisa Aguilar ou Amaya Valdemoro son só algunhas das estrelas que forman o Rivas, un auténtico equipazo. Ata a semana pasada era o conxunto con mellor ataque da liga. Precisamente por frear o seu xogo ofensivo pasan as opcións do Extrugasa, que xa foi quen de vencer ás madrileñas no encontro de ida.

No cadro local, Marta Blanes non adestrou durante toda a semana por unha rotura de fibras. O máis probable é que non xogue en Rivas para non forzala e reservala de cara a vindeira semana cando reciban ó Soller.

Na Liga EBA o Xuven de Camabdos afronta un partido de vital importancia ante o Chantada. Os de Diego Doval non se poden permitir un novo tropezo se é que queren aspirar a estar entre os tres primeiros do grupo ó remate da fase. Agora mesmo está a dúas victorias do segundo e do terceiro clasificado, Marín e Carballo, que precisamente se enfrontarán esta semana.

Redacción Salnés