Pontevedra presenta o II Circuíto de Carreiras Pedestres

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra ven de presentar o seu programa anual de carreiras pedestres. A segunda edición da CCCP constará de seis competicións dese febreiro a outubro; este ano cas novidades dunha categoría de tempos compensados e ca creación da clasificación por equipos.

O Concello de Pontevedra intentará contar cuns catrocentos participantes este ano no seu Circuíto de Carreiras Pedestres polo Concello, o coñecido como CCCP 2014. Nesta segunda edición, o Consistorio Pontevedrés e as Asociacións veciñais de Campañó, Salcedo e Monteporreiro intentarán dobrar participación nas seis carreiras que se inclúen neste circuíto. O calendario contempla cadansúa carreira en San Brais, Monteporreiro, PonteNoite, Santiago do Burgo e Campañó, entre febreiro e novembro. As carreiras serán as mesmas que o ano pasado, salvo unha ampliación de percorrido na primeira, pero cas mesmas características técnicas.

As novidades este ano veñen da man das categorías. Por primeira vez en Galicia, aplicarase a categoría de tempos compensados que inclúe un factor de corrección nos tempos segundo a idade dos participantes. Nesta segunda edición crearase tamén unha categoría por equipos.

Pontevedra quere que este circuíto pedestre se configure como o de referencia en Galicia, polo que aposta por abaratar as inscricións. Para anotarse ou obter máis información poden acudir á páxina web: www.championchipnorte.com.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/carreira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/16/carreiras_populares.mp4{/flowplayer}