Pontevedra ponse a disposición do triatlón

PONTEVEDRA> A Policía Local pon a disposición de todos os veciños da Boa Vila o número 092 para resolver calquera dúbida que poida xurdir sobre a organización do ITU Multisport Festival. Esta acción forma parte da campaña que presentou esta mañá o Concello de Pontevedra coa que pretende dar información sobre o evento deportivo a todos os veciños.

“Pontevedra mundial. Vive a festa”. Ese é o lema da campaña que levará a cabo o Concello de Pontevedra para dar información a todos os veciños da cidade sobre a organización do ITU Multisport Festival. O goberno local quere que toda a cidadanía estea implicada na celebración deste evento.

Para asegurar o bo funcionamento da proba deportiva, a Policía Local pon a disposición de todos os cidadáns o número 092. Nel solucionaranse as dúbidas sobre os cortes de tráfico durante o mundial de triathlon.

No eido de esta campaña, o Concello está organizando un curso express de idiomas, que comezará o próximo 1 de abril e que está dirixido a todos os hostaleiros da cidade.

O goberno municipal ten programadas máis de 20 reunións con diferentes entidades co obxectivo de implicar a todo o mundo nun dos maiores eventos deportivos que acollerá a Boa Vila.

Comments are closed.