Ahmed e Sanmartín brillan en Cangas no Torneo Cinania

SALNÉS> O último torneo en disputarse, previo ó inicio ligueiro, foi o de Cinania, en Cangas. Ata alí desprazáronse varios xogadores do Salnés para realizar coma sempre un excelente papel.

Remata a pretemporada para os clubes de tenis mesa que a partir de agora terán de centrar os seus esforzos nas competicións ligueiros. Antes de inicialas, esta fin de semana, centos de xogadores desprazáronse a Cangas para participar no IX Torneo de Verán Cinania.

Na primeira xornada, o Ribadumia participou en categoría sub-23 con tres xogadores, entre eles o gran dominador dos torneos de verán, Marcos Sanmartín, que alzouse coa victoria logo de derrotar na final a Edgar Rodríguez por 3-2. Miguel Doval, tamén do Ribadumia, non puido pasar dos cuartos en cadete.

Na segunda xornada do torneo disputouse o cadro absoluto, onde de novo Marcos Sanmartín tivo unha actuación máis que destacada. O xoven xogador do Ribadumia chegou ata a final pero alí atopouse con Kazeem Ahmed, do Cambados, que amosou a súa superioridade e levouse o título.

Tamén participaron outros xogadores do Cambados no cadro absoluto, casos de Fernando Padín, Martín Regueiro e Ñajo Padín, pero todos eles quedáronse fora das roldas finais.

Redacción Salnés