![]()
SANXENXO> Aínda que polo de agora se descoñecen as causas, algúns veciños aseguran que antes de comezar o incendio oíron ruidos de cristais esnaquizados.
{flowplayer}images/salnes/CASAS_QUEIMADAS_SANXENXO.flv{/flowplayer}
Unha casa derrubada e a outra que aínda que se mantén en pé ten todo o interior destrozado. Este é o resultado do incendio que se produciu esta madrugada no lugar de Mourelos, en Noalla. No momento non que se produciu o lume non había ninguén dentro das vivendas, polo que non houbo que lamentar feridos. Os seus propietarios segundo os veciños da zona, son de Ourense polo que as casas só están ocupadas no verán.
A maioría das casas deste lugar ó igual que os inmobles afectados non están ocupados durante o inverno polo que foron poucos os que se decataron do acontecido. Por sorte foi un veciño dunha das casas do lado o que escoitou como se rompía unha fiestra e deu a voz de alarma. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros con dúas motobombas, e tamén a garda civil de Sanxenxo. Ó chegar unha das casas xa estaba totalmente calcinada e da outra comezaba a saír fume por unha fiestra.
Aínda que conseguiron extinguir as lapas pero esta era a imaxe que quedaba no interior. Polo de agora descoñécense as causas do lume e aínda que a maioría dos veciños tampouco quería facer declaracións todo apunta a que se trata dun incendio provocado.
Redacción Salnés










