Os amantes das motos teñen parada obrigada esta fin de semana en Ribadumia na concentración de Trasnos do Salnés

RIBADUMIA> Os amantes das motocicletas teñen esta fin de semana parada obrigada en Ribadumia. Este venres arranca a XII edición da concentración moteira que organiza Trasnos do Salnés. A programación inclúe outras moitas actividades paralelas, con diversas propostas musicais. Entre elas, a actuación do grupo Claxxon ou de Gin Toni’s.

Ribadumia prende os motores da XII edición da concentración moteira de Trasnos do Salnés. A cita, esta fin de semana, cun cartel ateigado de propostas. O venres xa irán abrindo boca. Trala apertura das inscricións e unha boa cea, haberá música ata a madrugada con varias propostas, entre elas o grupo Claxxon.

O sábado, a concentración moteira botará a andar ás 10 da mañá, incluíndo ao longo da xornada diferentes iniciativas complementarias, como xogos populares, propostas gastronómicas ou unha búsqueda do tesouro.

A música estará tamén presente ao longo de todo o sábado, destacando á noite o concerto da banda Gin Toni’s. Ademais, nesa xornada, os organizadores traerán ata Ribadumia dúas MW Augusta.

O encontro é posible grazas á colaboración de moitos patrocinadores, entre administracións e empresas que apoian a actividade.

Iso é, precisamente, o que tamén destacan dende o Concello de Ribadumia, que tamén patrocina a concentración. O alcalde salienta a gran cantidade de xente que se achega ata a vila co gallo desta cita.

Aínda que o groso do programa concéntrase o venres e sábado, o domingo a festa tampouco para. Os incritos están tamén convocados a un almorzo para despedir a edición deste ano.