A Xunta investirá máis de 78.000 euros en potenciar o comercio

    consorcio_comercio_salnes_100_280709.jpgCAMBADOS> Outra das medidas previstas para dinamizar o sector será a Lei de Comercio. O anteproxecto presentarase o 6 de agosto.

    {flowplayer}images/salnes/campana_comercio.flv{/flowplayer}

    O Consorcio do Comercio do Salnés presentou no Parador de Cambados a súa campaña publicitaria. Por esta razón, déronse cita o presidente do Consorcio do Salnés, Marcos González Vidal, a directora xeral de comercio da Xunta de Galicia, María Nava Castro, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, entre outras personalidades. Esta campaña será emitida en todos os xornais e nalgunhas revistas, tamén se poderá escoitar na emisora de radio Onda Cero, e poderémola ver nesta canle e, inda en negociacións, na TVG. O que se busca con ela é a fidelidade do cliente, e intenta mostrar que non fai falla saír da zona para facer unha boa compra.

    Aproveitando a presentación da campaña, Marcos González quixo pedir á directora xeral que se tivese máis en conta ó Consorcio do Salnés en todas as actividades que se levasen a cabo como, por exemplo, a lei interior de comercio que se está tramitando nestes momentos. En Cambados o sector do pequeno comercio é un dos máis importantes a nivel económico e social, por este motivo, o seu alcalde quixo resaltar a importancia das achegas dadas neste senso, sobre todo nestes tempos de crise.

    Tourís quixo recalcar o fundamental do sector nesta comarca: un total de 8 asociacións que contan con arredor de 1.000 asociados. Tamén adiantou e agradeceu as axudas por parte da directora xeral, que dará unha subvención de 78.400 euros para potenciar o sector.

    Dende a Dirección Xeral de Comercio, estase a levar a cabo un plan de dinamización para catro anos que será presentado a partires do día 26 de agosto. Pero xa antes, o día 6 presentarase o anteproxecto de lei de comercio onde se tentará regulara o comercio interior de Galicia. A directora xeral tamén pediu ás diferentes entidades bancarias unha maior axilidade para poder obter as axudas, eliminando as trabas coas que se veñen topando á hora de recibilas.

    Redacción Salnés