Medio Rural abre o prazo para a toma de posesión de predios en Saiar

    CALDAS > Medio Rural anuncia a toma de posesión dos predios na concentración parcelaria de Saiar. Os prazos establecense en función do tipo de terras, das colleitas e dos recursos forestais.

    Rematada a concentración parcelaria de Saiar, en Caldas, a Consellería de Medio Rural anunciou xa no DOG a toma de posesión provisional dos predios de substitución. Neste caso nin o número de recursos presentados nin pendentes de resolver superan o 6 por cento dos titulares das explotación, nin os reclamantes superan o 10 por cento da superficie concentrada, polo que o proceso continúa. A toma de posesión dos predios é de carácter obrigatorio e os prazos varía en función do tipo de terras. Para terreos de labradío sen colleita, prados e pasteiros será ata o 1 de outubro. No caso de haber colleita, se non se retira antes desa data o prazo ampliarase ata que sexa retirada, mentres que os que teñan árbores, se non hai acordo entre achegante e adxudicatario, poderán ser retiradas polos propietarios nun periodo de seis meses, a partir do 2 de outubro. A partir desa data abrirase tamén un período de reclamación na delegación do Medio Rural en Pontevedra.

    Redacción Salnés