Ocaso desminte as irregularidades denunciadas por ‘Sampedro y Tato’

    denuncia_ocaso_papeis.jpg BARBANZA> Segundo Ocaso, a raíz do problema non está nas pólizas, senón na ‘actitude hostil’ mantida contra eles pola corretaxe de seguros.

    A pasada semana faciámonos eco das denuncias realizadas pola corretaxe de seguros ‘Sampedro y Tato’ de Ribeira contra Ocaso Seguros por presuntas prácticas abusivas cos titulares dunha carteira de pólizas de deceso. A aseguradora fíxonos chegar hoxe un comunicado no que desminte estas acusacións. Segundo Ocaso, a raíz do problema non está nas pólizas, senón na ‘actitude hostil’ mantida contra eles pola corretaxe de seguros ‘Sampedro y Tato’. Unhas difíciles relacións que obrigarían a Ocaso a finalizar o vínculo xurídico coa corretaxe.

    A aseguradora envía tamén unha mensaxe de tranquilidade ós afectados. Di que o problema só afecta a unhas pólizas herdadas de Zurich, e que se puxeron en contacto cos titulares para informalos da situación e solicitar que lles comunicasen a forman na que desexan efectuar o pago dos recibos a partir de agora. En ningún momento, insisten, ‘ameazaron ou coaccionaron a ningún destes asegurados’. Finalmente, Ocaso sinala que a pesar das ‘innumerables queixas’ que a firma ribeiresa leva presentadas ante o Ministerio de Economía, en ningún caso lles deron a razón.

    Redacción Salnés