Novo roubo no campo de fútbol na Fieteira

RIBEIRA> Trátase da terceira vez, tan só neste ano, que estas instalacións son obxectivo dos cacos. Esta vez, para acceder ó interior, romperon os cristais e a fechadura da porta da cantina. Aínda que non hbía diñeiro en metálico, os intrusos levaron diversa mercadoría así como camisetas e balóns. Ó valor do botín, que roldaría os cincocentos euros, hai que engadir o arranxo dos desperfectos posto que tamén causaron danos na entrada do almacén que tentaron forzar. Este tipo de instalación son o branco perfecto para os amigos do alleo posto que se atopan afastadas no casco urbano e bastante illadas doutros núcleos de poboación. Sen embargo, cada vez son máis habituais os roubos cometidos en pleno centro da vila, como os rexistrados en establecementos hostaleiros nas últimas semanas. Dende a asociación de empresarios da vila xa teñen solicitado ó executivo a toma de medidas e o incremento das forzas de seguridade para disuadir ós ladróns.