A Deputación estrea instalacións no antigo edificio de Educación

    edificio copia100.jpgPONTEVEDRA> O organismo invertiu máis de 600.000 euros nas reformas do inmoble, que se inaugurará o 11 de febreiro.

    {flowplayer}images/salnes/EDIFICIO_EDUCACION_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    Departamento de novas tecnoloxías, de vías e obras, de servizos sociais, a Oficina provincial de información ó consumidor ou a centralita telefónica da Deputación pontevedresa, son algúns dos servizos que virán ocupar as novas instalacións, que tamén estarán dispoñibles para uso cidadán.

    Co interior xa rematado, a deputación agarda agora poder afrontar unha reforma do ladrillo da fachada, actuación para a que está a negociar con Patrimonio. O custo das reformas, coas que se buscou ampliar o espazo ó máximo, superaron os 600 mil euros.

    A inauguración celebrarase o vindeiro día 11 de febreiro, coincidindo co 175 aniversario da Deputación. Ademais de representantes do organismo provincial, no acto tamén estarán presentes o alcalde pontevedrés, Manuel Anxo Fernández Lores, e o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

    Redacción Salnés