A Garda Civil investiga unha posible estafa na Pobra

POBRA> Ó parecer varios veciños alertaron ó Concello de que estaban a recibir chamadas telefónicas nas que se facían pasar por persoal municipal para ofrecer un produto de teleasistencia domiciliaria valorado nuns 150 euros.

Varias chamadas realizadas ó Concello puxeron en alerta ós servizos municipais. Ó parecer estábanse realizando chamadas a persoas maiores do municipio facéndose pasar por persoal da Administración Local ofertando un produto de asistencia domiciliaria por valor duns 150 euros.

Dende o Concello sinalan que os servizos de asistencia destinados a persoas maiores se tramitan sempre dende a área dos Servizos Sociais con traballadores debidamente identificados e, en ningún momento, seguindo este tipo de procedementos. Por esta razón pídenlle á veciñanza que reciba este tipo de chamadas non facilite ningún dato persoal e que o comunique inmediatamente á Garda Civil.