Vitriño e a súa familia de novo ante a xustiza

    VITRINOcopy.jpgPONTEVEDRA> A Audiencia Provincial ven de desestimar a petición de nulidade do proceso que solicitara a avogada defensora.

    {flowplayer}images/salnes/NOVA_VISTA_XUIZO_VITRINO.flv{/flowplayer}

    Varios automóbiles, un piso en Vilagarcía, dúas motos, un quad, unha moto acuática e diferentes contas bancarias, son algúns dos bens que segundo a investigación Vitriño adquirira con capitais procedentes do narcotráfico. Por este suposto delito, a Fiscalía solicita para el seis anos de prisión.

    As propiedades figurarían ó nome doutros membros da súa familia, que atribuíron o seu ritmo de vida ó éxito do negocio de Vitriño baseado na compra-venda de fincas e automóbiles.

    A pesares de que os seis acusados se declararon inocentes, o fiscal solicita cinco anos de prisión para seu pai, catro para a nai e para unha das irmás, tres anos e medio para a outra e tres anos de cadea para un amigo de Vitriño. Todos negaron calquera actividade ilegal.

    Coa vista de hoxe, a Audiencia desestima a petición de nulidade do proceso que a avogada defensora presentara no anterior xuízo, o pasado 7 de outubro de 2010, cando alegara que o caso estaría construído sobre probas dunha acusación do 2009, anuladas polo Tribunal Supremo. Nese caso, Vitriño fora condenado pola Audiencia Provincial pontevedresa a unha pena de 10 anos de prisión pola venda de preto de 9 kilos de cocaína.

    Redacción Salnés