Continúa a busca do mozo que fuxiu a un control policial

    persecucionpolicialpobra.jpgPOBRA> Ó parecer o xoven, veciño de Ribeira, non ten carné de conducir e acababa de cometer un roubo.

    {flowplayer}barbanza/persecucionpolicialpobra.flv{/flowplayer}

    Como se dunha película se tratara. Así describen moitos veciños da zona de Lesón a persecución policial vivida onte pola tarde polas rúas da Pobra do Caramiñal. O suceso iniciábase no momento no que dous axentes, que viaxaban de patrulla no seu vehículo, intentaron darlle o alto a unha furgoneta de cor branca despois de observar varias manobras temerarias por parte do seu condutor. Ante a negativa deste a parar, e a conseguinte fuxida, iniciouse unha persecución na que interviñeron varios vehículos policiais que mesmo foron acometidos, sufrindo importantes danos nas súas carrozarías.

    Paradoiro descoñecido

    Ante a chegada dos axentes, o mozo, escapou a pé pola zona e non puido ser detido. Si o foi o seu acompañante que foi trasladado ata o cuartel da Garda Civil de Boiro. Segundo informaron fontes policiais, o condutor xa está identificado pero polo de agora continúa en paradoiro descoñecido.

    Varios delitos

    Sobre el pesarían varios delitos, entre eles un contra a seguridade do tráfico e o patrimonio e mesmo outro contra a autoridade.

    Redacción Barbanza