Ribeira impartiré este verán un ciclo de charlas sobre saúde mental

RIBEIRA> A saúde mental será o eixo central das charlas que impartirá este verán o departamento de Servizos Sociais de Ribeira, no marco do seu programa para terceira idade. Serán cinco ponencias que se impartirán tanto no centro Lustres Rivas de Ribeira como nas parroquias de Palmeira e Carreira.

‘O concepto de tolemia a través do tempo’ é o título da primeira das charlas que compoñen este programa que dará comezo o 4 de xullo en Carreira. Impartirase tamén no centro cultural Lustres Rivas o día 6 e 8 de xullo mentres que o día 7 irá dirixida ós veciños de Palmeira no pavillón polideportivo. todas serán en horario de 10 e media a 12. O programa continuará nos meses de xullo e agosto con outras catro charlas sobre saúde mental e rematará cunha sesión de relaxación para tódolos asistentes.

Este ciclo enmárcase no programa de ‘Educación para Maiores’ que tamén está a desenvovler os talleres de memoria polas parroquias. A edil de Servizo Sociais adiantou ademais que de cara ó mes de outubro retomarase o curso de dinamización social para maiores.

Os interesados en inscribirse en calquera destas actividades poden facelo nas instalacións dos Servizos Sociais ou no teléfono 981 874131.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí