José Membrives: ‘Non vou ceder a chantaxes sindicais’

    membrives copia.jpg VILAGARCÍA> O edil de Persoal desminte así as acusacións da UXT de despilfarrar cartos públicos ou abusar das horas extraordinarias.

    {flowplayer}images/salnes/MembrivesRespondeUxt.flv{/flowplayer}

    Baixo o lema ‘Limpiemos Ravella’, UXT comezou onte a distribuír panfletos nos que ademais de lanzar toda unha serie de acusacións contra o goberno de Vilagarcía, caricaturizaba ó concelleiro persoal José Membrives e á concelleira de Educación Susana Camiño, convertidos en dous bogavantes nun prato de arroz. O concelleiro respondeu hoxe a tódalas acusacións do sindicato. E quixo explicar os motivos que levaron ó concello a pedir ós delegados sindicais que xustificaran as horas, que foi o motivo polo que UXT denunciou ó concello.

    Segundo Membrives, o que emprega ‘correctamente as súas horas sindicais, non debería ter ningún problema para xustificalas’. Ademais negou que o concello pagara 60.000 euros pola redacción da relación de postos de traballo como asegura UXT.

    Con respecto ás horas extraordinarias, o edil lembrou que estas son voluntarias e que non se obriga a ninguén a facelas. Susana Camiño pola súa banda asegurou non ter nada que ocultar con respecto as facturas do seu departamento. O concelleiro rematou instando a UXT a participar nas mesas de negociación.

    Redacción Salnés