Babín:“Hai que erradicar a oferta e a demanda”

     VILAGARCÍA> Así o dixo no foro de debate da FGCN en referencia ó consumo de drogas

    {flowplayer}images/salnes/ForoFGCN_180113.flv{/flowplayer} 

    A Fundación Galega contra o Narcotráfico organizou esta mañá, en Bamio, un foro debate profesional. Nel falouse sobre como atallar a lacra que para a sociedade supón o tráfico de drogas e cales son as medidas máis eficaces para conseguilo. Na xuntanza déronse cita algúns dos principias actores da loita contra o narcotráfico a nivel nacional.

    O Xefe Superior da Policía de Galicia, o Fiscal Antidroga de Pontevedra o xefe da EDOA da Garda Civil ou xuíces de recoñecido prestixio como Marisol López Martínez ou José Antonio Vázquez Taín. Estes foron algúns dos persoeiros que debatiron no foro que organizou este venres a Fudación Galega contra o Narcotráfico no Centro de Formación Marítima de Bamio. Nel tamén tomou parte o Delgado do Goberno para o Plan Nacional sobre Dorgas, Francisco de Asís Babín, quen recoñeceu a importancia de aunar esforzos para tentar acabar coas redes de tráfico de drogas así como impedir que os xóvenes se enganchen a estas sustancias adictivas. 

    O presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Manuel Couceiro, sinalou que malia a que se ten avanzado moitos nos últimos anos na erradicación deste problema, aínda queda moito camiño por percorrer. 

    O obxectivo deste encontro era recoller propostas que permitan aumentar a eficacia da loita contra o tráfico de drogas, baseándose nas suxerencias e o coñecemento dos profesionais que traballan en contacto directo con este problema.

    Tratáronse temas como a adiministración dos patrimonios incautados ó narcotráfico, as escoitas telefónicas, a preocupante normalización do consumo de cannabis entre a mocidade ou a necesidade de crear unidades xudiciais especializadas neste tema.

    As autoridades presentes comprometéronse a tomar nota do discutido hoxe para que non caia en saco roto e poder seguir avanzando nesta loita.

    Redacción Salnés