O Concello recibe unha subvención para o centro de talasoterapia

    gonzaloduran100_200707.jpgVILANOVA > Comeza a tomar forma o proxecto do Concello de Vilanova para O Terrón. No centro de talasoterapia, avánzase …

    … no proceso administrativo, para o que acaban de recibir unha achega de 12 mil euros da Xunta. E en canto ó campo de fútbol espérase a colocación do céspede para dentro de semana e media.

    O Concello de Vilanova acaba de recibir unha subvención da Consellería de Traballo de 12 mil euros que permitirá contratar a unha empresa que xestione os fondos europeos e darlle marcha ó proceso administrativo da obra do centro de talasoterapia. O orzamento previsto ascende a uns 4 millóns de euros e para facerlle fronte, a parte das subvencións que reciba, o Concello xestiona un préstamo a longo prazo cunha entidade bancaria. O Goberno local está a ultimar un anteproxecto para poder solicitar o permiso de construcción na Xunta de Galicia, que espera sexa favorable.

    Precisamente sobre o campo de fútbol, Durán adiantou que en semana e media se colocará o céspede e o peche vexetal e espera que a mediados de agosto poida estar rematado. Para estrealo estudan a celebración dunha festa para os rapaces da escola de fútbol.

    Por outra banda, o Concello informou hoxe que solicitou unha subvención de 135 mil euros no INEGA para poder dotar a todo o municipio dunha moderna rede de alumeado, que permita un aforro enerxético e á vez sexa máis eficiente.

    Redacción Salnés