Resultado: unha persecución por mar e supostas ameazas

    furtivos_a_illa_copy100.jpgA ILLA> A  confraría notificou a existencia de mariscadores que faenaban en zonas de libre marisqueo vedadas. Decidiron comprobalo.  

    {flowplayer}images/salnes/FURTIVOS_A_ILLA.flv{/flowplayer}

    Os feitos aconteceron onte. Ante o rumor da existencia dun grupo de mariscadores faenando en augas vedadas fronte á costa de Ribeira, Ángel Manuel Iglesias, patrón maior da Illa, e o vicepatrón, subiron a un barco dun mariñeiro do pósito e dirixíronse á zona. Con eles levaban un GPS, cámara de fotos e vídeo para tomar probas. Según contan, cando chegaron atopáronse cunha ducia de embarcacións traballando.

    Ángel Manuel Iglesias asegura que en ningún momento increparon ós mariñeiros nin lles faltaron ó respecto para espertar esta reacción. O que si resulta chamativo é a presenza da lancha de control da confraría ribeiresa.

    O Patrón Maior da Illa insiste en que casos comas este son puntuais e que non quere entrar en polémicas nin malos entendidos coa confraría de Ribeira. Por iso non pensan presentar ningunha denuncia.

    Redacción Salnés