Conta atrás para as Festas de San Simón: 29, 30 e 31 outubro

    san_simon100.jpgBAIÓN> Os asistentes gozarán de música tradicional, pulpo, viño e verbenas, nunha das romarías máis sobranceiras.

    {flowplayer}images/salnes/FESTAS_SAN_SIMON_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, o concelleiro de Cultura de Vilanova, José Juan Durán, acompañado polo presidente da comisión de festas e dous concelleiros de Baión, comezaron a pegada de carteis das festas de San Simón. Os días 29, 30 e 31 de outubro, vaise levar a cabo unha das celebracións máis coñecidas e tradicionais da comarca do Salnés, onde se mesturan a romaría, a misa e os postos de comida tradicional como pulpo, empanadas, viños e rosquillas, entre outros.

    Durán explicou que é unha festa moi emotiva, non só pola súa tradición, senón tamén porque Simón era un dos nomes de Ramón de Valle Inclán.

    Para as festas de San Simón están contratadas varias orquestras como Abanico, Charleston Big Band e Galilea, entre outras. Pero tamén haberá sitio para a música tradicional e as corais.

    Para o último fin de semana deste mes de outubro, están invitados todos os veciños da comarca do Salnés e dos arredores, a gozar dunha das festas máis populares, que cada ano reúne a centos de persoas.

    Redacción Salnés