Multitudinarios funerais en Vilanova e A Illa

    funeral_vitimas_accidentecopy.jpgSALNÉS> En ambos concellos arousáns, o sentimento, un día despois do accidente, é de total consternación.

    {flowplayer}images/salnes/DESPEDIDA_FALECIDAS_ACCIDENTE_VILAXOAN.flv{/flowplayer}

    Ás catro e media tiña lugar o funeral, na Igrexa Parroquial de Caleiro, en Vilanova, das dúas veciñas, nai e filla, que onte perdían a vida no accidente que se produciu no acceso á vía rápida do Salnés.

    Unha hora máis tarde, familiares e amigos daban o último adeus á unha das ocupantes do outro vehículo implicado no sinistro, veciña de A Illa, na igrexa parroquial de San Xulián.

    Ó tempo, un día depois da traxedia, o sentir nos dous concellos arousáns ós que pertencían as tres vítimas mortais era de total consternación. En Vilanova moitos veciños nin atopaban palabras para definir o fatídico desenlace deste sinistro.

    En A Illa, unha pequena vila onde tódolos veciños se coñecen, o sentimento era o mesmo. Unha verdadeiro mágoa, tal e coma definían algúns isleños.

    O seu alcalde, Manuel Vázquez tamén lamentou a nova, despois de visitar o tanatorio no que se atopa esta mañá o corpo sen vida da ocupante do Nissan Patrol, veciña do barrio de Chasán.

    En relación á única supervivente deste accidente, irmá da muller falecida de A Illa, segue ingresada, en estado grave, na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital de Montecelo.

    Redacción Salnés