Arde o remolque cisterna dun camión estacionado diante dun taller de Rubiáns

    VILAGARCÍA > A cisterna dun camión ardeu onte pola noite en Rubiáns. Foi diante do concesionario onde estaba estacionada, xa que o seu propietario, un condutor …

    … de Tarragona, deixara o vehículo do camión á arranxar no taller. Polo de agora aínda se descoñecen as causas do incendio, que non se descarta que fose provocado. O incendio comezou a media noite neste camión cisterna estacionado diante dun taller de mecánica en Rubiáns, Vilagarcía. O seu propietario, un condutor de Tarragona, deixouna alí xa que levara o vehículo do camión ata o concesionario para sometelo a unha reparación.

    Dende a empresa de transportes  non se explican cómo se puido producir o lume. A cisterna non estaba unida nese intre á cabina, polo que desbotan a posibilidade de que puidera deberse a un cortocircuito. Non se descarta que o incendio puidese ser provocado xa que, ademais, a cisterna estaba baleira, o que impediu que as consecuencias do incendio foran moito peores.

    O lume provocou que as rodas da cisterna explotasen o que saltou a alarma entre os veciños e obrigou a pechar a estrada durante uns 20 minutos ante o medo de que se producisen máis explosións. Ademais de á cisterna o lume tamén lle afectou ás instalacións do taller, onde romperon os cristais das ventás. A policía investiga agora as causas do incendio.

    Redacción Salnés