Música, lírica ou teatro na nova programación do Auditorio

    convenio_novacaixagalicia_concello_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> As novas actividades son froito dun convenio de colaboración asinado entre Novacaixagalicia e o concello.

    Variedade en canto ó rexistro é o que mellor define tódalas propostas culturais que acollerá o Auditorio de Vilagarcía entre marzo e maio.

    Estas actividades son froito dun convenio de colaboración entre Novacaixagalicia e o concello que asinaron, esta mesma mañá, na casa consistorial.

    Ó encontro asistiu o director da Obra Social Novacaixagalicia, Guillermo Brea, a directora de Acción Cultural da Obra Social Novacaixagalicia, o director de zona Arousa- Caldas e o edil de cultura, Xosé Castro Ratón.

    Os espectáculos con selo galego cobran especial relevancia coma ‘Mundo Lois’ que terá lugar o 16 de maio ou o concerto de formación musical Sondeseu o 9 de abril. Na mesma liña pódese encadrar a exposición ‘Fillos do Océano’ que se instalará na sala de exposicións do Auditorio entre o 17 de marzo e o 10 de abril.

    Os amantes da lírica poderán gozar o día 28 da representación da ópera ‘Madama Butterfly’, mentres que, o artista Leo Bassi chegará a Vilagarcía o 13 de maio co seu espectáculo Utopía.

    Xunto a todas estas iniciativas a programación inclúe un concerto do Coro Clásico de Vigo na igrexa parroquial.

    Os interesados nalgunha destas actividades poderán mercalas entradas a través da páxina web www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500.

    Redacción Salnés