A Policía Nacional reforzará os seus efectivos en Vilagarcía para as festas de San Roque

VILAGARCÍA> Vilagarcía cuadriplicará o número de axentes policiais para garantir a seguridade nas festas de San Roque. Entre eles policías infiltrados vixiarán para evitar calquera problema que xurda durante os festexos. A Garda Civil de Tráfico tamén intensificará os controis de alcoholemia, especialmente o día da festa da auga.

O Concello de Vilagarcía celebrou a xunta local de seguridade para establecer a coordinación dos operativos policiais e de seguridade para as festas de San Roque. Unha reunión na que participaron o concello, a subdelegada do goberno e os mandos dos corpos de seguridade do estado como a Policía Nacional, a Garda Civil de Tráfico, a Policía local e neste caso a UPAG, a policía autonómica. Na xunta acordáronse as medidas a tomar e tamén o número de axentes que velarán polo orde na vila, este ano cuadriplicarase a cantidade de efectivos.

O persoal da policía nacional de Vilagarcía atópase nestes momentos a un 85% do seu catálogo, grazas a colaboración do goberno do estado.

A Garda Civil de Tráfico tamén intensificará os controis de alcoholemia, especialmente o día da festa da auga.

Policías infiltrados velarán para evitar calquera problema que xurda. Ademais o concello tamén se suma á loita contra as agresións machistas e instalará un punto lila na praza da Segunda República.