MEIS> Nestas datas tódolos concellos están a realizar tarefas de limpeza de desinfección dos espazos públicos.
É o caso de Meis. Coordinado pola súa alcaldesa, este pequeno concello do Salnés está conseguindo limpar a diario, centros de saúde e outros lugares de moita concorrencia como supermercados ou farmacias do municipio.
O pasado domingo fixeron a desinfección do centro de Mosteiro e agora tócalle a tódalas beirarrúas do Concello. Nestas tarefas participan membros de Protección Civil de Meis, persoal do Concello e algúns voluntarios que aportan man de obra e diversos medios como tractores.