![]()
A ILLA DE AROUSA > O BNG reclama no Parlamento de Galicia medidas que resolvan o conflicto urbanístico das vivendas da Illa de Arousa afectadas pola Lei de Costas. O deputado nacionalista Bieito Lobeira afirma que existen 150 casos nos que non se adecúa o marco legal vixente coa realidade do lugar.
O conflicto urbanístico no que están inmersas varias vivendas Illa de Arousa por mor da Lei de Costas xa está no Parlamento. O grupo do BNG denuncia nunha iniciativa parlamentaria os serios problemas que sofren estas vivendas e os seus usuarios, xa que a realidade concreta do lugar non se adecúa ó marco legal vixente en materia de costas. O deputado nacionalista Bieito Lobeira solicita polo tanto á Consellería de Política Territorial que adopte as medidas necesarias para resolver este conflicto e se verifique desde o punto de vista urbanístico a singularidade da Illa de Arousa.
Segundo lembra Bieiro Lobeira neste concello estaría afectadas unhas 150 vivendas. O deputado nacionalista faise así eco dos expedientes de sanción abertos, multas, procesos de embargo, ou ameazas de demolición e considera que cómpre unha actuación urxente por parte da Consellería. Lobeira quere saber a avaliación que fai a administración destes casos e as medidas que vai adoptar para retardar estes expedientes mentres se lles busca solución.
Redacción Salnés








