52 expositores teñen confirmada xa a súa asistencia a Expoferta

    expoferta copia.jpg VILAGARCÍA> Ocuparán preto do 85% do espazo reservado en Fexdega. A feira terá lugar do 25 ó 27 deste mes e agárdanse unhas 11.000 visitas.

    {flowplayer}images/salnes/PTACION_EXPOFERTA.flv{/flowplayer}

    Vaian anotando no calendario porque os vindeiros 25, 26 e 27 deste mes terán unha nova oportunidade de atopar aqueles artigos que están buscando a prezos moito máis rebaixados. É a filosofía deste tipo de feiras, agora sometidas a unha maior regulación trala recente aprobación da Lei de Comercio.

    Polo de agora 52 expositores confirmaron a súa asistencia a Expoferta. Ocuparán preto do 85 por cento do espazo reservado no recinto de Fexdega. Os sectores, como é habitual, do máis variado, desde téxtil ata calzado ou decoración. A feira está aberta a comerciantes tanto de Vilagarcía como doutros concellos da comarca do Salnés. E non faltará a ludoteca, onde os cativos se poden divertir mentres os maiores mercan.

    A asociación de comerciantes Zona Aberta contou un ano máis co apoio da Fundación Fexdega, concello e Deputación de Pontevedra na organización do evento. Por certo que a entrada custará un euro e o horario de apertura será ininterrompido os tres días, de doce da mañá a dez da noite.

    Redacción Salnés