Goberno e concello de Sanxenxo investirán 2 millóns de euros na reforma do Pazo Emilia Pardo Bazán

SANXENXO> O goberno e Sanxenxo investirán preto de 2 millóns de euros na reforma do Pazo Emilia Pardo Bazán. A intervención mellorará a envolvente térmica, a accesibilidade e a iluminación do edificio converténdoo nun espazo máis eficiente e reducindo as emisións. A previsión é que saia a licitación nos vindeiros meses cun prazo de execución dun ano.

O Pazo de Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo recibirá unha reforma completa. Goberno e concello chegaron a un acordo para mellorar a instalación e convertela nun espazo máis moderno. A actuación terá un orzamento de preto de 2 millóns de euros.

A intervención actuará sobre a envolvente térmica, mellorará a accesibilidade e substituíra a iluminación do edificio, converténdoo nun espazo máis eficiente e reducindo as emisións.

Do orzamento total, 1,5 millóns serán aportados polo goberno centras a través do plan de recuperación e resiliencia.

Na visita a Sanxenxo, o delegado recordou que aínda está aberta ata o 6 de marzo unha nova convocatoria de axudas dentro do plan de sustentabilidade turística para os concellos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí