O xulgado dá a razón a unha traballadora de Mercadona que denunciou por non cumprir co dereito á conciliación

CAMBADOS> O xulgado dá a razón a unha traballadora de Mercadona que denunciou á compañía por incumprir o convenio en materia de conciliación. Ata os 12 anos dos fillos os empregados do supermercado teñen dereito a pedir redución de xornada e a pactar un horario coa empresa. Segundo o convenio, a situación pode ampliarse ata os 15 anos. No caso desta traballadora, ao solicitar a ampliación mantiveron a redución de xornada pero quixeron mudarlle as quendas. A xuíza considera que se non hai horario pactado, non hai conciliación.

Patricia Iglesias leva 20 anos traballando no supermercado que Mercadona ten en Cambados. Ata que a súa filla cumpriu 12 anos, o pasado 17 de marzo, estivo cunha redución de xornada a 30 horas semanas e cun horario pactado para permitir a conciliación. O convenio da empresa recolle este dereito e tamén a posibilidade de amplialo ata os 15 anos dos fillos. Foi no momento en que Patricia solicitou esta prórroga cando comezaron os problemas.

Iglesias recorreu aos tribunais da man do sindicato CIG e agora a xuíza lle dá a razón. Sobre todo porque, asegura, non hai motivos organizativos que expliquen este cambio

Dende o sindicato celebran esta sentenza que, aseguran, aclara o recollido no convenio da empresa en materia de conciliación. Consideran que Mercadona aproveita o momento de ampliar este dereito para presionar aos traballadores.

A CIG asegura que non os problemas en materia de conciliación non son os únicos que sofre os traballadores da empresa. Denuncian cargas de traballo excesivas, xornadas extensas, intensos ritmos de traballo e cambios nos horarios con escasa antelación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí