O Senado abre a porta á legalización dos Areeiros

    torresareeiros.jpgRIBEIRA> A aprobación dunha PNL no Senado, a iniciativa do PP, achega á súa fin a situación de núcleos afectados pola franxa de protección de Costas.

    {flowplayer}barbanza/torresareeiros.flv{/flowplayer}

    Tras case unha década de loita, os veciños dos Areeiros, na parroquia de Castiñeiras, e de Palmeira Norte así como doutros núcleos do litoral de Galicia están máis preto de legalizar a súa situación.

    A proposición non de lei, presentada polo PP e admitida a trámite este mércores polo Senado, recolle a excepción dos núcleos urbanos consolidados antes da entrada en vigor da Lei de Costas do 88, quedando fóra da franxa de protección de cen metros do dominio público marítimo terrestre.

    Tras este primeiro paso, a proposta será remitida ó Congreso onde será debatida e regresará ó Senado para a súa ratificación.

    Concesión

    Na sesión do mércores saíu adiante tamén outra proposición relativa ás concesións do dominio público marítimo terrestre a empresas, como poden ser conserveiras ou hoteis.

    Nos casos en que o estado teña interese na recuperación destes espazos, deberá indemnizar ós titulares da concesión para poder retomar a actividade noutro emprazamento.

    Redacción Barbanza