![]()
SALNÉS> Para iso, entregáronlle ós produtores as sementes de variedades de produtos da horta autótonas.
{flowplayer}images/salnes/GDR_SALNES.flv{/flowplayer}
Esta mañá, o Grupo de Desenvolvemento do Salnés presentou, no centro comarcal do Salnés, a segunda fase do proxecto de cooperación interterritorial e transnacional ‘Novos Horizontes’.
Para iso fixeron entrega das sementes de variedades de produtos da horta autóctonos ós produtores que participan nesta ocasión no proxecto.
Ademais da entrega das sementes, asinaron os convenios de colaboración cos produtores que participarán este ano no proxecto. Esta segunda fase consistirá na posta en marcha de fincas piloto. Unha maneira diferente de tratalos produto da horta que aportará valor engadido ás producións.
Este proxecto, que ten por obxectivo incentivar o cultivo de produtos galegos, ofrecerá ós produtores asesoramento técnico. Ademais, trátase dun proxecto non só económico e agrario senón tamén social xa que hai dous colectivos que se integran nel, Cáritas interparroquial e a asociación BATA.
Ambos colectivos xa teñen deseñados os seus respectivos proxectos para darlle uso a estas sementes puras procedentes de centros de investigación agraria.
O Grupo de Desenvolvemento do Salnés organizará o vindeiro mes unhas xornadas sobre novas producións como setas, arándonos ou trufas.
Redacción Salnés





