Marea solidaria dos vilagarciáns con Ucraína

VILAGARCÍA> As Rías Baixas seguen demostrando a súa solidariedade con Ucraína. En Vilagarcía, os voluntarios de Protección Civil están a recoller alimentos, produtos de hixiene e medicamentos. Todo o recadado será trasladado a aquel país a través dos camións de Fundicións Rey. Hoxe, instalaron o seu posto solidario en Vilaxoán, pero a campaña continuará mañá e pasado.

Cada xesto, por moi pequeño que sexa, conta. En Vilagarcía, Protección Civil está a recadar material de primeira necesidade para enviar a Ucraína. Hoxe estiveron en Vilaxoán.

Este grupo de voluntarios é o encargado de recoller e organiza-las doazóns. Clasifican as caixas por alimentos, produtos de hixiene ou medicamentos. Dende Protección Civil celebran a solidariedade que está a demostra-la veciñanza. E a xente que doa anima a todo o mundo a aporta-lo seu gran de area.

A campaña solidaria de Protección Civil de Vilagarcía vai continuar mañá, co posto solidario instalado na praza de Galicia. O mércores trasladarano ata a praza da Liberdade de Carril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí