Arousa e Ribadumia lévanse os derbis da Preferente

fotofutbolcopia.jpg SALNÉS> O Arousa visitaba ó Sanxenxo ó que lle gañou 1 a 2. O Ribadumia recibía ó Céltiga na Senra, neste caso os puntos quedaron na casa cun resultado de 3 a 0.

{flowplayer}images/salnes/Futbol.flv{/flowplayer}

O Arousa marchou do Revel cos puntos nun partido no que iso sí, tiveron que sufrir ata o final. Sobre todo os últimos 20 minutos do encotro nos que os de Lino González tiveron que xogar en inferioridade numérica trala expulsión de Oliveira.

Debutaron como titualres ante o Sanxenxo tres dos últimos fichaxes do Arousa Álex, Comesaña e Juanjo que unidos a Ricardo aportaron as experiencia que lle faltaba ó Arousa para saír dos postos de descenso.

Xa na primeira metade Ricardo fixo o primeiro gol do partido tras unha contra armada por Josiño. E no segundo tempo os mesmos xogadores pero coas tornas cambiadas fixeron o segundo. Ricardo púxoa para Josiño que bateu Vladi.

O Sanxenxo acadou o se primeiro gol da man de Cidrás de penalti e a partir de ahí en superioridade numérica presionou todo o que puido para acadar cando menos o empate pero os arlequinados aguantaron ata o final e aínda que sufriron conseguiron volver cos puntos.

Vitoria do Ribadumia ante o Céltiga

Partido trascendental o que tocaba vivir onte na Senra. Tanto o Ribadumia coma o Céltiga chegaban ó derbi necesitados dos puntos. Os de Ramiro Sorbet precisábanos na súa loita por alonxarse dos postos baixos da táboa. E os de Carducho, ex do Ribadumia para máis emoción, tiñan que gañallos para non non meterse precisamente nesa loita por non caer ó fondo da clasificación.

Aínda que a primeira parte foi do Céltiga, que tivo moitas máis ocasións que os da casa, o gol chegou no minuto 41 da man de Roberto, adiantando ó Ribadumia e complicándolle as cousas os da Illa.

Ata dous tiros ó longueiro chegaron a mandar onte os de Carducho que parecen cada vez máis pelexados co gol e que aínda que crean ocasións non conseguen materializalas.

No segundo tempo chegaron os outros dous goles dos aurinegros, un de Berto a pase de Chiño e outro de Iván Renda de falta directa. Importantes puntos que quedan na Senra e que lle dificultan bastante as cousas ó Céltiga.

Redacción Salnés