Ribadumia recoñece o talento e bo facer dos seus deportistas na III Festa do Deporte

414

RIBADUMIA> Ribadumia recoñeceu nesta fin de semana o bo facer dos seus deportistas e dos seus equipos. O auditorio da localidade acolleu a III Festa do Deporte. O  Naútico Muíño e o Ribadumia Tenis Mesa foron os grandes protagonistas da noite, con tres galardóns cada un.

Ribadumia volveu recoñece-lo esforzo e dedicación dos seus deportistas na III Festa do Deporte da localidade. O evento ser tamén para render tributo a clubs, patrocinadores e ós diferentes persoeiros que contribúen ó desenvolvemento da actividade deportiva no municipio.

O Auditorio Ribadumiense foi o escenario escollido polo evento. A gala contou co humorista Pepo Suevos como mestre de cerimonias. Entre as 60 candidaturas que se presentaron ós premios, nunha docena de categorías, os dous grandes triunfadores da noite foron O Naútico o Muíño e o Ribadumia Tenis de Mesa, con tres galardóns cada un. No primeiro dos casos, o vilanovés Manuel Fontán e a cambadesa María Pérez fixéronse cos premios da categoría de mellor deportista non ribadumiense. O adestrador do club de piragüismo José Manuel Vázquez ‘Ruso’ foi elixido mellor adestrador.

Pola súa banda, o club de tenis de mesa conseguiu o premio a mellor deportista local, grazas a Eva Peña, a mellor depoirtista masculino, por Marcos Sanmartín, e mellor equipo feminino.

No transcurso da gala, o alcalde de Ribadumia aproveitou para poñer en valor as múltiples e variadas iniciativas deportivas que se veñen organizando na localidade. David Castro defendeu o deporte como unha gran ferramenta para a transmisión de valores sociais e culturais. Nesta terceira edición da Festa do Deporte, celebrada este sábado á noite, tamén participaron numerosos edís da corporación local.