A chegada do temporal provoca a carestía de peixe fresco

    VILAGARCÍA> O intenso temporal destes días, que esta tarde acadou a cualificación de alerta vermella xa tivo as súas primeiras repercusións…

    {flowplayer}images/salnes/carestia_peixe_prazas.flv{/flowplayer}

    … nos mercados das Rías Baixas. As peixeiras das prazas de Abastos carecían hoxe da habitual variedade de peixes e mariscos; unha situación que aínda se agrabará máis mañá, ca entrada de cheo do temporal.

    Como adoitan acontecer nestes casos, á carestía do producto provoca a suba dos prezos. Case tódalas cotizacións de peixes e mariscos experimentaron entre onte e hoxe un notable incremento, salvo a pescada, que segue cotizando á baixa.

    Para mañá agárdase que as condicións empeoren co que encontraremos aínda menos peixe fresco nas prazas galegas; e case que ningún deles procedente das nosas rías.

    Redacción Salnés