Estudian a posibilidade de instalar cámaras en Espiñeira

    reunionempresariospoligonoboiro.jpgBOIRO> A directiva da asociación de propietarios do polígono de Espiñeira ultima as cantidades que cada socio deberá aboar.

    {flowplayer}barbanza/reunionempresariospoligonoboiro.flv{/flowplayer}

    Na reunión, na que tomaron parte tamén membros do propio executivo, non se chegou a ningún acordo final. Aínda así quedaron practicamente definidas as cotas de participación que cada propietario deberá aboar que irán en función dos metros cadrados de terreo dos que se dispón.

    Diferentes actuacións

    O pago desas cotas servirá para levar adiante diferentes actuacións no parque empresarial como é o caso da mellora da presión da auga, a limpeza do recinto, a instalación dun sistema de videovixilancia ou o peche perimetral.

    Aprobación definitiva

    A próxima semana está prevista unha nova xuntanza da xunta directiva na que de decidirá a cantidade exacta a pagar e que será levada posteriormente a unha asemblea xeral de socios para a súa aprobación definitiva.

    Redacción Barbanza