O descanso no libre marisqueo divide ás Confrarías da Arousa

    O SALNÉS> As Confrarías da Arousa reducirán a carga de traballo á que se ven sometidos os bancos de libre marisqueo da Arousa: os Lombos do…

    {flowplayer}images/salnes/xestion_libre_marisqueo.flv{/flowplayer}

    … UIlla, Cabío e o Bohído; deixando de traballar os venres e prohibindo a extracción do berberecho. Con esta medida ós pósitos da zona norte da ría intentan evitar que estas zonas marisqueiras cheguen a estar esquilmadas, como o está arestora o banco de Cabío.

    As Confrarías do Norte xustifican esta medida en base ás cotizacións dos últimos días; a ameixa fina véndese a unha media de sete euros e o berberecho a un euro e medio o quilo. Co que decidiron facerlle caso ós técnicos e procurar un descanso para este espazo agora que só se malvende, deixando así tempo para que medre o producto, para poder competir con el no futuro en calidade.

    No outro lado da ría, as confrarías do Grove, Vilanova, a Illa e Cambados amosáronse desconformes con esta decisión. Eles avogaban por seguir traballando os venres e coller dous quilos máis de xapónica, ata os 7 diarios; posto que para eles é a única forma de subsistencia que teñen nesta tempada. Nesta xuntanza tamén houbo diverxencias sobre o sistema de voto, posto que o actual de un voto por confraría, non é equitativo en votacións tan específicas coma esta.

    Redacción Salnés