Colectivos do mar e ecoloxistas convocan unha manifestación pola xestión da Xunta da crise dos pellets

VILAGARCÍA> Colectivos do mar e ecoloxistas convocan para o vinderio domingo 21 de xaneiro unha manifestación en Santiago pola xestión da Xunta da crise dos pellets. Mobilizaranse “na defensa do noso mar”, acusando ao goberno galego de abandonar as súas competencias, de falta de transparencia  e de querer minimiza-la chegada das bólas ás praias “por motivos electorais”. Salientando que o impacto ecolóxico non é nin de lonxe como o do Prestige, entende que o modus operandi que está aplicando a Xunta é o mesmo que o que se fixo daquela.

Mariñeiros, colectivos do ma r das rías de Arousa e de Muros e Noia e plataformas ecoloxistas reaccionan á xestión da crise dos pellets por parte da Xunta. En asemblea, acordaron convocar unha gran manifestación para o mediodía do vindeiro 21 de xaneiro en Santiago.

Din que o impacto no medio ambiente non é nin de lonxe comparable co do Prestige. Pero si que fan un paralelismo entre a xestión que fixo daquela a Xunta e a que está facendo agora.

E denuncian que o goberno galego caeu nun abandono absoluto das súas competencias tentando botar balóns fóra.

Entenden que detrás disto hai motivos electorais, tentando minimiza-la crise para que non lles pase factura o 18 de febreiro. Eles aseguran que non queren intervir nesa cita electoral, pero que sairán á rúa para defender un sector do que viven centos de famialias nas rías.

E ademais demandan, como veñen facendo dende hai tempo, medidas para garanti-lo futuro do sector. Entre elas, un estudo integral das rías, un plan de recuperación, que se regule o alivio dos encoros e que se dote de liñas de apoio aos traballadores e confrarías afectadas polo incremento da mortandade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí