PORTO DO SON> Os propietarios dunha vivenda situada en Xuño denuncian constantes asolagamentos a raíz dunha obra acometida pola Xunta hai máis dun ano.
A finais de 2009, Augas de Galicia acometeu un proxecto de mellora na estrada AC-550 ó seu paso por Xuño. Daquela, Elías e a súa familia xa advertiron ós técnicos autonómicos dos problemas que lles ía ocasionar a obra. Agora está a sufrir as consecuencias en forma de continuos asolagamentos.
{flowplayer}barbanza/denunciainundacioncasaxuno.flv{/flowplayer}
Agora, a Xunta de Galicia vai acometer unha nova actuación. Lonxe de ver visos de mellora, consideran que vai agravar a situación posto que afectará a parte do peche deixando a entrada á vivenda aínda menos accesible.
Tras chamar a moitas portas, o concello conseguiu que un grupo de técnicos se desprazaran ata a vivenda para buscar unha solución.
Fendas na estrutura
Ademais da acumulación de auga, esta actuación ocasionoulle outros problemas como o peche de dúas entradas e a existencia de fendas que ameazan a estrutura da casa.
Pero as deficiencias no desaugue non constitúen o único problema para esta familia que denuncia ademais a existencia de danos na cimentación da casa ocasionados pola maquinaria pesada utilizada durante as obras así como o peche de parte das entradas que lle impide utilizar o garaxe.
Redacción Barbanza