Ribeira protestará contra a redución das cotas pesqueiras

    convocatoriamobilizacioncotaslirio.jpgRIBEIRA> Centos de persoas sairán á rúa este sábado para protestar contra a redución das cotas pesqueiras que poñen contra as cordas á flota galega.

    {flowplayer}barbanza/convocatoriamobilizacioncotaslirio.flv{/flowplayer}

    A convocatoria da mobilización foi acordada nunha xuntanza á que asistiron os voceiros dos distintos grupos da corporación e representantes das asociacións profesionais do sector como a confraría de pescadores, a cooperativa do mar Santa Eugenia, a asociación de armadores, a asociación de compradores e exportadores e a asociación de armadores do palangre, Orpal. Tamén participaron na xuntanza representantes dos axentes sociais como a asociación de empresarios e o colectivo das amas de casa.

    Durante a reunión decidiron convocar unha protesta en contra do recorte das cotas, especialmente do lirio, que suporía a perda de miles de postos de traballo e a desaparición da flota.

    Chamamento

    As organizacións convocantes fan un chamamento á participación, non só por parte da cidadanía de Ribeira senón de tódolos municipios afectados na comunidade.

    Pretenden, con esta protesta, facer visible unha situación que ameaza a pervivencia dun dos principais sectores produtivos de Galicia. A cita será o sábado ás doce e media da mañá na praza do concello de Ribeira