O BNG explica no Barbanza os acordos acadados na investidura

BOIRO> O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, participou esta fin de semana na comarca do Barbanza en varios encontros con diferentes colectivos, entre eles representantes do sector do mar ou dos emigrantes retornados.

Néstor Rego destacou e puxo en valor o papel do BNG no Congreso dos deputados, e os avances conseguidos pola súa formación no acordo co PSOE, que permitiu a investidura no Estado.

Así referiuse a que o BNG conseguiu abrir vías de solución a moitos dos problemas que afectan a Galicia, e por extensión á comarca, como é a gratuidade da AP-9, a mellora do transporte ferroviario, a discriminación tributaria que sofren os emigrantes retornados ou o saneamento das Rías.

Nesta liña, anunciou que o obxectivo do BNG será acadar uns  orzamentos que reflictan as partidas necesarias para o cumprimento do acordo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí