Ciclistas máis visibles para evitar accidentes

BOIRO> A Xunta de Galicia colabora coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectantes destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar así a súa seguridade. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou esta mañá en Boiro a entrega destas prendas. No marco desta campaña, promovida pola Xunta en colaboración coa DXT e a delegación do gobrno en Galicia, está previsto o reparto de seiscentos cortaventos reflectantes entre os afeccionados ó mundo do ciclismo. Nun acto celebrado en Boiro, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, o alcalde de Boiro, Juan José Dieste a conselleira de Infraestruturas, Ehel Vázquez, fíxolle entrega destas prendas á Federación Galega de Ciclismo. Este tipo de accións teñen coma finalidade que os ciclistas se fagan máis visibles evitando na medida do posible os accidentes Por desgraza moi habituais nos últimos anos. Ademais do financiamento desta campaña, a Xunta continúa traballando en distintas medidas que incrementen a seguridade deste colectivo. Dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, púxose en marcha o Plan de Sendas de Galicia, e tamén se procedeu ó reforzo da seguridade viaria naqueles treitos de estradas de titularidade autonómica máis frecuentadas por ciclistas, como é o caso da AC-305, que une parón e Ribeira.