‘Viñas Atlánticas’: un compromiso co cultivo vitivinícola sostible

    vinasatlanticas copia100.jpgSALNÉS> No proxecto participan as adegas Martín Códax, Condes de Albarei e Cooperativa Vitivinícola Arousana.

    {flowplayer}images/salnes/SINATURA_PROXECTO_VINAS_ATLANTICAS.flv{/flowplayer}

    Limitar a utilización de produtos químicos nas vides e poñer en marcha un sistema de control medioambiental para axudar ós viticultores, é o obxectivo que persegue o proxecto Viñas Atlánticas, incluído dentro do programa Life da Unión Europea. Martín Codax, Condes de Albarei e a Cooperativa Arousana comezarán a traballar nesta cuestión con catrocentos dos seus viticultores.

    Para conseguir esa información precisa e a tempo real, o proxecto contempla a instalación de seis estacións meteorolóxicas por adega, cun total de 24 sensores. A cooperativa recollerá esta información, que se porá á dispoñibilidade dos viticultores nunha interface de fácil acceso para que axusten os tratamentos químicos á realidade dos datos.

    O proxecto Viñas Atlánticas, que conta cun orzamento dun millón de euros, vense sumar ós controis que estas tres cooperativas xa realizan para levar a cabo un tipo de cultivo o máis sostible posible. Dende a Deputación agárdase que sirva como exemplo para o resto dos viticultores, que tamén poderán acceder á información das estacións meteorolóxicas e ós resultados do proxecto.

    Redacción Salnés