Rañeir@s da Ría chama á unión das confrarías de Arousa

RIANXO> A recentemente constituída Asociación de Rañeir@s da Ría agarda sumar os esforzos de tódalas confrarías arousáns para a elaboración dun plan conxunto de xesitón do libre marisqueo. Na actualidade integran o ente seis pósitos que agrupan o oiten por cento da flota que faena no libre. A confraría do Grove, que inicalmente non se adherira á asociación de Rañeir@s da Ría que se vén de constituír formalmente. Súmase así ós pósitos de Rianxo, Pobra, Vilanova, Cambados e A Illa que apostan pola elaboración dun plan de xestión conxunto para o libre marisqueo. Agardan que Cabo de Cruz, á espera de concretar unhas propostas, se sumen tamén á entidade agrupando así á maior parte da flota do libre.A xestión directa dos bancos de Cabío, O Bohído e Os lombos repercutiría no incremento da produtividade que nos últimos anos descendeu ata facer que a actividade sexa apenas rendible. Na actualidade, a entidade está á espera da resposta da Consellería do Mar a quen xa lle solicitaron unha reunión para plantexarlle a súa proposta.