Todo a punto para a 28 edición da Pontus Veteris

    pontus.jpg PONTEVEDRA> Mañá no Recinto Feiral Florentino, Miguel de Luna, Olga Santoni e Bouret Atelier presentarán as súas propostas para a primavera-verán 2012.

    Esta vixésimo oitava edición da Pontus Veteris contará de novo co concurso de bloggers, que informarán en tempo real do transcurso do desfile a través de internmet. Tamén se desprazará ó recinto feiral prensa especializada en moda de Madrid e Barcelona. Florentino é o único deseñador que continúa fiel á cita. Súmase como novidade Bouret Atelier e cae do cartel outra das firmas tradicionais do desfile com oé Araujo Piel.

    Jessica Bueno será a top model convidada. Ex miss España, está agora mesmo de actualidade pola súa recente participación nun ‘reality’ de televisión.

    Esta Pontus Veteris celébrase precedida da polémica polo seu financiamento. Con un 20 por cento menos de presuposto que a anterior edición, desde a Cámara de Comercio de Pontevedra insistiron na presentación do evento que a súa vontade é contar co apoio de tódalas administracións para que a pasarela poida seguir celebrándose. 

    Redacción Salnés