O executivo noiés recada apoios para a rexeneración da Ría

    NOIA> O alcalde, Santiago Freire, e a tenente de alcalde, Marisol Villar, mantiveron unha reunión en Santiago co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para abordar este asunto. Xunto á rexeneración da Ría, facer navegable o peirao da localidade era un dos proxectos estrela do programa do Partido Popular nos pasados comicios municipais. de aí que nada máis acceder á Alcaldía, se puxera mans á obra con esta importante actuación. Na xuntanza co presidente da Xunta, analizáronse as posibilidades de converter estes dous proxectos en realidade no menor tempo posible, a través da cofinanciación de diversos departamentos da Administración Autonómica como poden ser Portos de Galicia ou as consellerías do Mar, Medio Ambiente e tamén Industria. Dende o executivo local considérase que, con estas dúas actuacións, que irían da man, conseguiríase cambiar a fachada marítima da vila, cunha gran lamina de auga permanente, eliminando os lodos do fondo da Ría dun xeito paulatino, o que redundaría de forma positiva nos bancos marisqueiros. A actuación traería tamén grandes beneficios para outros sectores importantes do municipio como poden ser a hostalería, o comercio ou o turismo.