Cedonosa conta xa con subministro eléctrico para a fábrica de Catoira

    cedonosa100_220508.jpgCATOIRA > As protestas dos traballadores de Cedonosa foron efectivas. Ó mediodía concentráronse na fábrica e ás cinco xa tiñan electricidade.

    cedonosa300_220508.jpgCATOIRA > A fábrica de Cedonosa en Catoira xa ten desde as cinco desta tarde subministro eléctrico. A boa nova chégalle ós traballadores despois de que este mediodía se mobilizasen diante das instalación para recuperar o servizo. Mañá ás sete da mañá porán as máquinas a funcionar, xusto cando se cumpre un mes de que Endesa lle cortara o subministro. Desde entón, a fábrica só contaba cunha toma facilitada polo Concello pero só o utilizaron para as oficinas. Esta mesma mañá acordaran deixar de utilizala.

    Con toda esta crise, Ramón Conde explica que este ano empezaron tarde a producir material e que o stock para este verán xa empeza a escasear polo que non poden cumprir cos pedidos. Os representantes sindicais aseguran que a empresa si é viable e consideran un abuso que queira despedir a 37 traballadores. Teñen claro que a dirección quere pechar. O comité de empresa afirma ademais que a dirección nin sequera quere axuda da administración e cre que os contactos que mantivo co IGAPE foron puro trámite.

    Redacción Salnés