Os expropiados polo vial piden con pancartas que lles paguen

    pancartas_afectados_vial_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Deste xeito, fan visible a débeda que Fomento ten con estes veciños que ascende a catro millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/INDEMNIZACIONS_VIAL_PORTO.flv{/flowplayer}

    ‘Ministerio de Fomento, moroso. Paga a débeda xa’. Este é o lema que se pode ler nas pancartas que o colectivo de afectados polas expropiacións do vial ó Porto de Vilagarcía ven de colocar en diferentes puntos desta estrada.

    Fartos de que o goberno central non lles pague o que lles debe e de que as reclamacións presentadas na Subdelegación do Goberno en Pontevedra non fixeran efecto, decidiron facer visible o seu malestar.

    E é que a comisión está formada por cincuenta e unha persoas, o que supón unha débeda de catro millóns de euros, cantidade que en realidade é superior xa que non tódolos veciños afectados forman parte do colectivo.

    Con todo, este xoves asistirán ó pleno do concello de Vilagarcía para que a corporación local inste a Fomento a que lles faga efectiva a débeda.

    Aproveitando a ocasión, farán visible o mal estado dalgúns dos accesos ás fincas e terreos agrícolas que foron habilitados a raíz da construción do vial. Así mesmo solicitarán ó concello que solvente as carencias de pantallas acústicas para evitar ruídos nas vivendas situadas próximas á estrada.

    Pasado un tempo, se estas accións non dan os seus froitos, non descartan tomar outras medidas.

    Redacción Salnés